Resolución de axudas para a edición de materiais curriculares en galego
Posted by trabalingua on 21/08/2006
Un total de 239 proxectos editoriais en formatos impresos, dixitais, visuais e audiovisuais recibirán axudas da Secretaría Xeral de Política Lingüística.
O departamento que dirixe Marisol López concedeu onte as subvencións a un total de 23 editoriais que presentaron proxectos de materiais curriculares para niveis non universitarios e, por primeira vez, para a formación de adultos. A esta convocatoria presentáronse 376 solicitudes e, en canto aos criterios de concesión, unha nota de prensa da Secretaría especifica que tiveron prioridade aqueles de materias non consideradas de uso obrigatorio en galego. O importe máximo é de seis mil euros e a contía da axuda non pode superar o custo total da publicación.
Fonte: culturagalega.org






