Praza de técnico/a superior para o Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia
Publicado por trabalingua on 4/09/2006
O Consello da Cultura Galega publica, no DOG do 22 de agosto de 2006, a convocatoria do proceso selectivo para o acceso a diferentes prazas laborais desta institución. Os licenciados en Filoloxía Galega ou Filoloxía Hispánica (subsección Galego-Portugués) poderán optar á praza de técnico/a superior do Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia. O prazo de presentación de solicitudes remata o vindeiro luns, 11 de setembro. Se desexa consultar o texto completo da convocatoria, prema aquí.
Fonte: Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia








