Convocatoria de probas para a habilitación de tradutores/as xurados/as
Publicado por trabalingua on 14/01/2007
A Secretaría Xeral de Política lingüística anuncia no Diario Oficial de Galicia do 12 de xaneiro a convocatoria de probas para a habilitación profesional de tradutores/as e intérpretes xurados/as. Esta convocatoria habilitará os/as tradutores/as e intérpretes para realizar traducións xuradas dos seguintes pares de linguas: galego-castelán, galego-portugués, galego-francés, galego-inglés e galego-alemán.
O prazo para a presentación de solicitudes é do 15 ao 31 de xaneiro.
No sitio web da Secretaría Xeral de Política Lingüística pode obterse máis información e consultar o cronograma para a realización das probas.








