O Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia ofrece un kit para a normalización
Publicado por trabalingua on 10/03/2007
O Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia (CDSG) do Consello da Cultura Galega (CCG) puxo na rede, para consulta ou descarga, o contido do kit para a normalización da lingua, presentado o pasado mes de outubro, no curso dos X Encontros para a Normalización Lingüística. O kit ofrece documentación imprescindible e recursos para o coñecemento e o traballo nos ámbitos da normalización.
O acceso, ou a descarga, pode facerse na web do CDSG.








