A evolución dos nomes galegos dende o século XIV
Publicado por trabalingua on 21/05/2007
Hai uns anos, ser fillo primoxénito levaríache a chamarte Primitivo. No caso de nacer de pé a tradición faríache cargar con Agripina. Nomes practicamente en desuso ou esquecidos, pero que conforman parte do noso legado histórico e cultural.
O tempo tamén pasa para os nomes, esa etiqueta que marca gran parte da nosa identidade e na que case nunca intervimos. Aínda que moitas veces o herdemos da familia, como quen herda a roupa dun irmán maior, as modas e a historia tamén deixan a súa pegada nos nomes propios ou antropónimos.
Da desaparición de nomes como Johan e Tareija, enormemente comúns ata o século XV, encargáronse os Reis Católicos. A “doma e castración” aplicada polos monarcas atopa na Igrexa o aliado perfecto para castelanizar os nomes. Durante séculos, as formas galegas suprímense dos rexistros, pero sobreviven na fala da xente, o que explica que Xan e Tareixa cheguen aos nosos días.
Segundo o catedrático de Historia de Galicia Xosé María Lema Suárez, os curas tiveron moita responsabilidade na desgaleguización de nomes e apelidos. Este profesor analizou todos os nomes masculinos rexistrados na parroquia de Berdoias (Vimianzo) nos últimos catro séculos, realizando o que el considera unha “cala histórica na onomástica de Galicia”.
Sigue o artigo en http://www.xeracion.com/nova/800.html
Fonte: Xeración Web








