Convocatoria de subvencións para a normalización nas entidades locais
Publicado por trabalingua on 28/05/2007
A Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza publicou o 25 de maio de 2007 no Diario Oficial de Galicia (DOG) a orde que regula a concesión de subvencións ás entidades locais de Galicia para a normalización da lingua galega.
Estas axudas están destinadas a sufragar os custos de contratación de persoal polas entidades locais para a realización das funcións de tradución ao galego dos documentos da Administración local e subvencionar a organización e desenvolvemento de campañas de normalización lingüística e de normalización e emprego do galego nos documentos e instrumentos ofimáticos, empregados pola Administración local.
As modalidades que adoptan estas axudas son as seguintes:
- Mantemento dos servizos municipais e provinciais de normalización lingüística xa existentes.
-
Creación de novos servizos municipais e provinciais de normalización lingüística, debidamente xustificados e sempre que exista crédito suficiente.
-
Organización de campañas e elaboración de publicacións co obxecto de lograr a normalización lingüística na entidade local.
-
Desenvolvemento de campañas de normalización e emprego do galego nos documentos e instrumentos ofimáticos empregados pola Administración local.
O prazo de presentación de solicitudes será de un mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no DOG.
Fonte: web linguadeamor.eu








