Simposio ILG 2007: “Perspectivas sobre a oralidade”
Posted by trabalingua on 24/09/2007
O Instituto da Lingua Galega (ILG) e o Consello da Cultura Galega organizan unha nova edición do seu simposio anual. Nesta ocasión e baixo o título “Perspectivas sobre a oralidade” os especialistas neste eido achegarán novos traballos para abordar diversos enfoques sobre a dimensión oral da lingua. O simposio está dirixido a especialistas en distintos campos da lingüística galega e profesionais da lingua, sobre todo os relacionados coa lingua falada. Está especialmente aberto aos alumnos do segundo e terceiro ciclo de Filoloxía (ten concedida a validación por un crédito de libre configuración), así como a investigadores en formación.
- Datas: do 17 de outubro ao 9 de novembro
- Lugar: salón de graos da Facultade de Filoloxía de Santiago de Compostela
- Inscrición: ata o 15 de outubro






