TRABALINGUA

Traballamos na lingua: sitio web de novas e información sobre a lingua galega

  • Este web apoia a iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
  • Arquivo de novas

  • Consultar o kit para a normalizacion Información sobre os Celga na páxina web de Politica Linguistica Consultar o Nomenclátor de Galicia Consultar a cartografá dos apelidos galegos. Proxecto elaborado polo Instituto da Lingua Galega
  • Dá das Letras Galegas 125 anos de teatro galego

“Fai xustiza coa lingua”

Posted by trabalingua on 4/10/2007

fai-xustiza-coa-lingua.JPG

O Servizo de Asesoramento Lingüístico (SAL) do Colexio de Avogados de Santiago de Compostela iniciou unha campaña de fomento do uso do galego entre a avogacía, cuxo lema é “Fai xustiza coa lingua”. A imaxe desta campaña foi incluída na contraportada do exemplar número 2 do mes de xullo da revista Avogacía Compostelá e tamén pode descargarse dende o sitio web deste servizo.

Esta publicación, editada integramente en galego, incluirá en todos os seus números un espazo dedicado á normalización lingüística onde se publicarán contidos específicos da linguaxe xurídica, así como artigos divulgativos sobre o proceso de normalización do galego.  

O SAL do Colexio de Avogados ten por obxectivo principal contribuír á normalización do uso da lingua galega entre a avogacía compostelá. Algunhas das actuacións máis destacadas que se levarán a cabo desde este servizo ao longo deste ano 2007 serán a organización dunhas xornadas sobre linguaxe xurídica e o lanzamento dunha campaña de dinamización lingüística.