IV Xornadas Lingua e Usos: Lingua e Comunicación
Posted by trabalingua on 13/10/2007
O Servizo de Normalización Lingüística da Universidade da Coruña, en colaboración coa Real Academia Galega, organiza a cuarta edición das xornadas Lingua e Usos: Lingua e Comunicación. Nesta ocasión os distintos relatores abordarán a situación do galego nos medios de comunicación.
- Lugar: Paraninfo da Reitoría
- Días: 7, 8 e 9 de novembro
- Matrícula: gratuíta, ata o 2 de novembro
Acreditación: diploma (90% de asistencia)






