TRABALINGUA

Traballamos na lingua: sitio web de novas e información sobre a lingua galega

  • Este web apoia a iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
  • Arquivo de novas

  • Consultar o kit para a normalizacion Información sobre os Celga na páxina web de Politica Linguistica Consultar o Nomenclátor de Galicia Consultar a cartografá dos apelidos galegos. Proxecto elaborado polo Instituto da Lingua Galega
  • Dá das Letras Galegas 125 anos de teatro galego

Primeira convocatoria de probas para obter o Celga 1 e o Celga 4

Posted by trabalingua on 9/11/2007

celga.jpgA Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca as primeiras probas oficiais para a obtención dos novos Certificados de Lingua Galega —Celga— nos niveis 1 e 4. Logo da entrada en vigor, o pasado 1 de setembro, deste novo sistema, no mes de decembro realizaranse os primeiros exames, correspondentes ao Celga 1 e ao Celga 4.

O prazo de inscrición para a proba do Celga 1 estará aberto ata o 16 de novembro, e o exame realizarase o 1 de decembro, a partir das nove da mañá. O prazo de inscrición para a proba do Celga 4 pecharase o 28 de novembro, e a data do exame é o 15 de decembro, tamén a partir das nove da mañá.

As probas realizaranse na Coruña, Santiago, Lugo, Ourense e Vigo, e as persoas que formalicen a inscrición deberán indicar a localidade na que se van presentar. Os lugares concretos de realización dos exames indicaranse cando se fagan públicas as listas de admitidos e admitidas.

Información sobre os Celga

Fonte: web de Política Lingüística