Glosario de termos xurídicos
Publicado por trabalingua on 30/09/2008
Glosario castelán-galego de termos xurídicos dubidosos é o título da obra de consulta que o Colexio de Avogados de Santiago acaba de subir ao seu web. A obra, realizada por Martín Ramos Insua, achega versións galegas a termos desta linguaxe especializada coma coadxuvante ou verificación da suficiencia. O glosario, que pode consultarse directamente na rede e descargarse en formato pdf, será publicado no vindeiro número da revista Avogacía Compostelá, na sección Ao pé da letra.
Fonte: Culturagalega.org








