Vocabulario multilingüe de economía
Publicado por trabalingua on 6/11/2008
O mundo da economía, a contabilidade e as finanzas conta cun novo recurso de consulta aberta na rede, o Vocabulario multilingüe de economía, desenvolvido por un equipo de investigación de universidades de Cataluña, Euscadi, Galicia e Holanda. A obra, que forma parte do proxecto de investigación RICOTERM-2, presenta unha interface de consulta sinxela e permite a procura directa dun termo ou rastrexar a través dunha listaxe alfabética. O seu corpus rolda as 4000 entradas para o caso do idioma galego.Fonte: O Cartafol Dixital








