TRABALINGUA

Traballamos na lingua: sitio web de novas e información sobre a lingua galega

  • Este web apoia a iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet Campaña As Linguas Suman
  • Arquivo de novas

  • Letras Galegas 2009 Consultar o kit para a normalizacion Información sobre os Celga na páxina web de Politica Linguistica Consultar o Nomenclátor de Galicia Consultar a cartografá dos apelidos galegos. Proxecto elaborado polo Instituto da Lingua Galega
  • Documental de divulgación sobre a historia de Galicia emitido na TVG Este web apoia a iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

A axencia Europa Press ofrece a súa versión en galego

Posted by trabalingua o 11/09/2006

A axencia Europa Press en Galicia iniciou onte os novos servizos da súa “Canle Galega”, na cal os abonados disporán de todas as informacións en lingua galega transmitidas pola axencia na comunidade.

Así, Europa Press ofrecerá o seu servizo de noticias en ambas as dúas linguas -castelán e galego-, de forma que todos os abonados disporán simultaneamente das dúas versións de todas as informacións. A delegada da axencia en Galicia, Rita Penedo, destaca a importancia de que unha empresa de ámbito estatal aposte polas linguas cooficiais (xa existe o servizo en catalán e éuscaro) e asegura que “se trata dun paso máis do noso apoio á normalización lingüística nos medios de comunicación”.

Rita Penedo quere “ante todo” que sexa “unha ferramenta útil para todos os abonados” e que “non quede nun xesto para a galería”.

Para iso, Europa Press reforzou o seu equipo humano e tamén as ferramentas técnicas, cun sistema de tradución achegado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta.

A axencia publica unha media de 110 e 120 teletipos diarios de xeito ininterrompido, incluídas fins de semana e festivos, que agora poderán ser consultados integramente na lingua de Galiza. E non só polos medios de comunicación, tamén polas principais empresas de Galicia, como Inditex, Citroën ou Pescanova que teñen contratado o servizo. Entidades bancarias, como Caixanova e Caixa Galicia, administración autonómica e locais, sindicatos, gabinetes de comunicación…

Fonte: Galicia Hoxe

Advertisements

Sorry, the comment form is closed at this time.

 
%d bloggers like this: