TRABALINGUA

Traballamos na lingua: sitio web de novas e información sobre a lingua galega

  • Este web apoia a iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet Campaña As Linguas Suman
  • Arquivo de novas

  • Letras Galegas 2009 Consultar o kit para a normalizacion Información sobre os Celga na páxina web de Politica Linguistica Consultar o Nomenclátor de Galicia Consultar a cartografá dos apelidos galegos. Proxecto elaborado polo Instituto da Lingua Galega
  • Documental de divulgación sobre a historia de Galicia emitido na TVG Este web apoia a iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

TVE estuda diminuír a súa programación en galego

Posted by trabalingua o 8/01/2007

O director dos centros territoriais de RTVE, Manuel Lombao, explicou que a medida obedece á reestruturación na que está inmersa RTVE, o que inclúe unha diminución do persoal de 4.150 traballadores. No entanto, o descenso das horas de emisión en catalán, éuscaro, galego e valenciano non será unha novidade a partir deste mesmo mes, tendo en conta que nalgúns dos centros territoriais antes mencionados, como no do País Vasco, a medida está en práctica desde finais do pasado verán.

O único espazo da programación que seguirá emitíndose na correspondente lingua cooficial será o informativo territorial das 14.00 horas, que dura 30 minutos e emite A Primeira de TVE, tanto en Cataluña e País Vasco como en Galicia, Comunidade Valenciana e Baleares, segundo precisou Lombao. Isto significa unha redución doutros 30 minutos de emisión en lingua cooficial nas devanditas comunidades autónomas, xa que antes, ao telexornal das 14.00 horas había que sumar outro informativo, o das 20.00 horas. Con todo, suprimiuse desde o pasado 1 de xaneiro; e ata antes desta data nalgunhas comunidades autónomas.

O director de Comunicación de RTVE, Miguel Somovilla, indicou que o proceso se atopa en fase de negociación. Manuel Lombao recalcou que aínda é pronto para dilucidar se será unha decisión estable ou cambiará a medio ou longo prazo, unha vez culminado o plan de saneamento do ente.

Fonte: La Voz de Galicia

Advertisements

Sorry, the comment form is closed at this time.

 
%d bloggers like this: