TRABALINGUA

Traballamos na lingua: sitio web de novas e información sobre a lingua galega

  • Este web apoia a iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet Campaña As Linguas Suman
  • Arquivo de novas

  • Letras Galegas 2009 Consultar o kit para a normalizacion Información sobre os Celga na páxina web de Politica Linguistica Consultar o Nomenclátor de Galicia Consultar a cartografá dos apelidos galegos. Proxecto elaborado polo Instituto da Lingua Galega
  • Documental de divulgación sobre a historia de Galicia emitido na TVG Este web apoia a iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

Política Lingüística presenta a campaña “En galego, tes todo por dicir”

Posted by trabalingua o 23/01/2007

elogoEn galego, tes todo por dicir é o lema da nova campaña da Secretaría Xeral de Política Lingüística que, durante todo o ano, terá presenza nos medios de comunicación, nos espazos publicitarios das vilas e cidades e na rede internet, a través dunha páxina web de referencia para a campaña: (http://www.galegoelogo.com/).

O lecer da mocidade, a xente maior, a educación, a transmisión familiar, o ámbito comercial e empresarial en xeral, a creación artística, a sanidade, o mundo do dereito ou as novas tecnoloxías son algúns dos campos nos que se vai actuar con accións específicas e material de campaña para cada un deles.

Segundo explicou a secretaria xeral de Política Lingüística, Marisol López, “o que se persegue é unir lingua galega a unha imaxe nova, actual e conectada coas referencias estéticas da contemporaneidade, para que mozos e mozas asocien galego con hoxe, para que a sociedade enteira identifique a nosa lingua coa modernidade e co prestixio”.

A campaña, que se desenvolverá durante 2007, inclúe actividades que se anunciarán ao longo do ano.

Fonte: web da Xunta de Galicia

Advertisements

Sorry, the comment form is closed at this time.

 
%d bloggers like this: