TRABALINGUA

Traballamos na lingua: sitio web de novas e información sobre a lingua galega

  • Este web apoia a iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet Campaña As Linguas Suman
  • Arquivo de novas

  • Letras Galegas 2009 Consultar o kit para a normalizacion Información sobre os Celga na páxina web de Politica Linguistica Consultar o Nomenclátor de Galicia Consultar a cartografá dos apelidos galegos. Proxecto elaborado polo Instituto da Lingua Galega
  • Documental de divulgación sobre a historia de Galicia emitido na TVG Este web apoia a iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

I Congreso de tradución para a dobraxe

Posted by trabalingua o 2/02/2007

I Congreso de tradución para a dobraxeOs vindeiros días 5, 6, 7 e 8 de febreiro terá lugar na Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo o I Congreso de tradución para a dobraxe en Galiza, País Vasco  e Cataluña.

Os obxectivos xerais destas xornadas son ofrecer unha perspectiva histórica da dobraxe en Galicia, País Vasco e Cataluña e dar a coñecer os servizos de produción allea das tres canles autonómicas (TVG, ETB e TV3); impartir unha formación complementaria e especializada sobre unha modalidade de tradución que está moi presente no mercado profesional, dando a coñecer a todos os asistentes o mercado da tradución audiovisual no tocante a empresas (estudos de dobraxe), axencias de tradución e interpretación e axentes mediadores (técnicos en recursos lingüísticos) relacionados con este ámbito profesional; e mostrar as experiencias profesionais da tradución para a dobraxe nestas tres comunidades: estratexias de tradución de produtos dobrados para a televisión (filmes, debuxos animados, documentais…).

Este congreso conta con diversos relatores do sector audiovisual que desenvolven a súa actividade profesional nas tres comunidades autónomas. Por parte de Galicia participarán María Alonso, Xerardo Couto, Luís Iglesia, Ana Lemos, Rosa Moledo, Ramón Novo e Alfonso Valiño; por parte do País Vasco, Asier Larrinaga e Beatriz Zabalondo; e por parte de Cataluña, Josep María Carbó e Lluís Comes i Arderiu.

Advertisements

Sorry, the comment form is closed at this time.

 
%d bloggers like this: