TRABALINGUA

Traballamos na lingua: sitio web de novas e información sobre a lingua galega

  • Este web apoia a iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet Campaña As Linguas Suman
  • Arquivo de novas

  • Letras Galegas 2009 Consultar o kit para a normalizacion Información sobre os Celga na páxina web de Politica Linguistica Consultar o Nomenclátor de Galicia Consultar a cartografá dos apelidos galegos. Proxecto elaborado polo Instituto da Lingua Galega
  • Documental de divulgación sobre a historia de Galicia emitido na TVG Este web apoia a iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

Curso: A constitución de equipos de traballo e grupos de participación

Posted by trabalingua o 5/02/2007

A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua  (CTNL) organiza un novo curso de formación para os vindeiros xoves 15 e venres 16 de febreiro en horario de mañá e tarde. Levará por título “A constitución de equipos de traballo e grupos de participación”, terá unha duración de 16 horas e desenvolverase no seminario C da facultade de filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela.

Algúns dos obxectivos deste curso son promover, coordinar e aproveitar a capacidade de grupos de persoas interesadas na lingua para que funcionen como axentes normalizadores entre a cidadanía e conseguir que as persoas que participen no curso adquiran as capacidades básicas para planificar, constituír, xestionar e organizar equipos de traballo dun xeito efectivo para desenvolver proxectos normalizadores en equipo. 

O curso será impartido polas empresas Cidadanía e Algalia e contará coa presentación dalgunhas experiencias baseadas en grupos de traballo e participación: as comisións de normalización lingüística da USC (Isabel Vaquero), a Rede de Entidades Amigas da Lingua (Conchi Cochón), a comisión de normalización lingüística da Federación Española de Centros Relixiosos de Ensinanza (Rubén Rivas), un equipo de normalización lingüística dun centro de ensino (Valentina Formoso).

Fonte: sitio web da CTNL

Advertisements

Sorry, the comment form is closed at this time.

 
%d bloggers like this: