TRABALINGUA

Traballamos na lingua: sitio web de novas e información sobre a lingua galega

  • Este web apoia a iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet Campaña As Linguas Suman
  • Arquivo de novas

  • Letras Galegas 2009 Consultar o kit para a normalizacion Información sobre os Celga na páxina web de Politica Linguistica Consultar o Nomenclátor de Galicia Consultar a cartografá dos apelidos galegos. Proxecto elaborado polo Instituto da Lingua Galega
  • Documental de divulgación sobre a historia de Galicia emitido na TVG Este web apoia a iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

O CCG solicítalles á TVE e á RNE maior presenza do galego nas súas emisións

Posted by trabalingua o 12/02/2007

A Comisión Executiva do Consello da Cultura Galega (CCG) acordou dirixirse aos novos responsables de Televisión Española (TVE) e Radio Nacional de España (RNE) para solicitarlles que “aumenten a programación específica para Galicia e, con ela, incrementen a emisión diaria de información en lingua galega”. O acordo sae ao paso da que o CCG define como “drástica redución da programación en galego nas emisións de TVE e RNE en Galicia” e chama a atención ante o feito da “limitación sufrida polos cidadáns galegos a recibiren información en lingua propia”.

Lembra que os principios xerais de programación de RTVE “recollen a necesidade de respectar o pluralismo político, relixioso, social, cultural e lingüístico de España”, e afirma que “este recorte considerable das emisións na lingua propia da Comunidade Autónoma Galega supón unha limitación do dereito dos cidadáns galegos a recibir informacións na súa propia lingua”.

“Non debemos esquecer, engade, que este dereito está protexido na Constitución Española, no Estatuto de Autonomía de Galicia e na Carta Europea das Linguas Rexionais e Minoritarias do Consello de Europa ratificada por España en 2001”. A Comisión Executiva do CCG formulou esta petición “no ámbito da súa competencia como institución estatutaria para velar polo fomento da lingua e da cultura galegas”.

Fonte: web do Consello da Cultura Galega

Advertisements

Sorry, the comment form is closed at this time.

 
%d bloggers like this: