TRABALINGUA

Traballamos na lingua: sitio web de novas e información sobre a lingua galega

  • Este web apoia a iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet Campaña As Linguas Suman
  • Arquivo de novas

  • Letras Galegas 2009 Consultar o kit para a normalizacion Información sobre os Celga na páxina web de Politica Linguistica Consultar o Nomenclátor de Galicia Consultar a cartografá dos apelidos galegos. Proxecto elaborado polo Instituto da Lingua Galega
  • Documental de divulgación sobre a historia de Galicia emitido na TVG Este web apoia a iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

O Servizo de Normalización Lingüística do CXG presenta o concurso “Lingua de Amor”

Posted by trabalingua o 12/04/2007

lingua-de-amor.jpgO Servizo de Normalización Lingüística do Consello da Xuventude de Galicia (CXG) puxo en marcha a primeira edición de Lingua de Amor, un concurso de declaracións de amor en galego a través do correo electrónico. 

Lingua de Amor insírese dentro do programa de normalización e dinamización lingüística do CXG con motivo da celebración do 17 de maio, Día das Letras Galegas e Día Internacional da Internet. 

Este concurso, cuxo lema é “o amor na túa lingua”, interrelaciona a lingua galega con tres eixes que a miúdo camiñan collidos da man: a xuventude, a internet e o amor. Lingua de Amor pretende dinamizar o uso do galego en dous ámbitos fundamentais para a xente nova: por unha banda, os momentos de lecer e relacións interpersoais e, por outra, as novas tecnoloxías.  

Poden participar neste concurso todos os mozos e mozas de entre 14 e 30 anos e a data límite para o envío das declaracións remata o vindeiro 15 de maio. A partir do 1 de maio poderase acceder ás declaracións a través da páxina web http://www.linguadeamor.eu/

Máis información:     cartel         tríptico         bases do concurso         formulario de declaración

Advertisements

Sorry, the comment form is closed at this time.

 
%d bloggers like this: