TRABALINGUA

Traballamos na lingua: sitio web de novas e información sobre a lingua galega

  • Este web apoia a iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet Campaña As Linguas Suman
  • Arquivo de novas

  • Letras Galegas 2009 Consultar o kit para a normalizacion Información sobre os Celga na páxina web de Politica Linguistica Consultar o Nomenclátor de Galicia Consultar a cartografá dos apelidos galegos. Proxecto elaborado polo Instituto da Lingua Galega
  • Documental de divulgación sobre a historia de Galicia emitido na TVG Este web apoia a iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

O Parlamento aproba unha proposición non de lei para a normalización da Administración local

Posted by trabalingua o 14/05/2007

Os tres grupos parlamentarios aprobaron o pasado 9 de maio por unanimidade unha proposición non de lei para cumprir o establecido polo Plan xeral de normalización da lingua galega na Administración local. Segundo o texto desta proposición, “O Parlamento de Galicia insta o Goberno galego a adoptar as accións precisas para que no prazo máis breve posible se cumpra o Plan xeral de normalización da lingua galega no ámbito da Administración local”.

Entre as medidas propostas para esta administración destacan: garantir a denominación oficial dos topónimos; establecer o galego como lingua vehicular en todas as comunicacións; a formación lingüística do funcionariado; a oferta positiva en galego na atención á cidadanía; facer que os cargos públicos fagan uso oral e escrito do galego no desempeño da súa responsabilidade pública; ou a coordinación dos departamentos técnicos de normalización lingüística.

Advertisements

Sorry, the comment form is closed at this time.

 
%d bloggers like this: