TRABALINGUA

Traballamos na lingua: sitio web de novas e información sobre a lingua galega

  • Este web apoia a iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet Campaña As Linguas Suman
  • Arquivo de novas

  • Letras Galegas 2009 Consultar o kit para a normalizacion Información sobre os Celga na páxina web de Politica Linguistica Consultar o Nomenclátor de Galicia Consultar a cartografá dos apelidos galegos. Proxecto elaborado polo Instituto da Lingua Galega
  • Documental de divulgación sobre a historia de Galicia emitido na TVG Este web apoia a iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

A evolución dos nomes galegos dende o século XIV

Posted by trabalingua o 21/05/2007

arbore-xenealoxica.jpg Hai uns anos, ser fillo primoxénito levaríache a chamarte Primitivo. No caso de nacer de pé a tradición faríache cargar con Agripina. Nomes practicamente en desuso ou esquecidos, pero que conforman parte do noso legado histórico e cultural.

O tempo tamén pasa para os nomes, esa etiqueta que marca gran parte da nosa identidade e na que case nunca intervimos. Aínda que moitas veces o herdemos da familia, como quen herda a roupa dun irmán maior, as modas e a historia tamén deixan a súa pegada nos nomes propios ou antropónimos.

Da desaparición de nomes como Johan e Tareija, enormemente comúns ata o século XV,  encargáronse os Reis Católicos. A “doma e castración” aplicada polos monarcas atopa na Igrexa o aliado perfecto para castelanizar os nomes. Durante séculos, as formas galegas suprímense dos rexistros, pero sobreviven na fala da xente, o que explica que Xan e Tareixa cheguen aos nosos días.

Segundo o catedrático de Historia de Galicia Xosé María Lema Suárez, os curas tiveron moita responsabilidade na desgaleguización de nomes e apelidos. Este profesor analizou todos os nomes masculinos rexistrados na parroquia de Berdoias (Vimianzo) nos últimos catro séculos, realizando o que el considera unha “cala histórica na onomástica de Galicia”.

Sigue o artigo en http://www.xeracion.com/nova/800.html

Fonte: Xeración Web

Advertisements

Sorry, the comment form is closed at this time.

 
%d bloggers like this: