Un tramo aberto da A8 non respecta a toponimia galega
Posted by trabalingua o 24/05/2007
O grupo parlamentario do BNG pediulle á Xunta que interveña no que considera unha “falta de respecto” da toponimia do país por parte do Ministerio de Fomento. O deputado Manuel Parga denunciou que na sinalización do tramo galego da A8 aberto hai uns días aparecen formas castelanizadas.
Parga lembra que a Cámara aprobou por unanimidade o compromiso de garantir o uso dos topónimos oficiais e de galeguizar as indicacións da rede viaria do país. Segundo o parlamentario, o uso das formas castelás non se debe a un simple erro, senón a “unha actitude inaceptábel por parte do Ministerio”.
Por iso, o BNG interésase por coñecer a opinión do Goberno sobre o comportamento de Fomento e se coñece a situación concreta dese tramo da Autovía do Cantábrico, entre Ribadeo e Reinante. Ademais, pregunta polas actuacións que vai levar a cabo a Xunta para que se restabeleza a legalidade lingüística nas sinalizacións do Ministerio.
Fonte: Vieiros
Sorry, the comment form is closed at this time.