TRABALINGUA

Traballamos na lingua: sitio web de novas e información sobre a lingua galega

  • Este web apoia a iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet Campaña As Linguas Suman
  • Arquivo de novas

  • Letras Galegas 2009 Consultar o kit para a normalizacion Información sobre os Celga na páxina web de Politica Linguistica Consultar o Nomenclátor de Galicia Consultar a cartografá dos apelidos galegos. Proxecto elaborado polo Instituto da Lingua Galega
  • Documental de divulgación sobre a historia de Galicia emitido na TVG Este web apoia a iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

Convocatoria de subvencións para a normalización nas entidades locais

Posted by trabalingua o 28/05/2007

A Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza publicou o 25 de maio de 2007 no Diario Oficial de Galicia (DOG) a orde que regula a concesión de subvencións ás entidades locais de Galicia para a normalización da lingua galega.

Estas axudas están destinadas a sufragar os custos de contratación de persoal polas entidades locais para a realización das funcións de tradución ao galego dos documentos da Administración local e subvencionar a organización e desenvolvemento de campañas de normalización lingüística e de normalización e emprego do galego nos documentos e instrumentos ofimáticos, empregados pola Administración local.

As modalidades que adoptan estas axudas son as seguintes:

  • Mantemento dos servizos municipais e provinciais de normalización lingüística xa existentes.
  • Creación de novos servizos municipais e provinciais de normalización lingüística, debidamente xustificados e sempre que exista crédito suficiente.

  • Organización de campañas e elaboración de publicacións co obxecto de lograr a normalización lingüística na entidade local.

  • Desenvolvemento de campañas de normalización e emprego do galego nos documentos e instrumentos ofimáticos empregados pola Administración local.

O prazo de presentación de solicitudes será de un mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no DOG.

Fonte: web linguadeamor.eu

Advertisements

Sorry, the comment form is closed at this time.

 
%d bloggers like this: