TRABALINGUA

Traballamos na lingua: sitio web de novas e información sobre a lingua galega

  • Este web apoia a iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet Campaña As Linguas Suman
  • Arquivo de novas

  • Letras Galegas 2009 Consultar o kit para a normalizacion Información sobre os Celga na páxina web de Politica Linguistica Consultar o Nomenclátor de Galicia Consultar a cartografá dos apelidos galegos. Proxecto elaborado polo Instituto da Lingua Galega
  • Documental de divulgación sobre a historia de Galicia emitido na TVG Este web apoia a iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

A campaña “Xeración E logo!” pretende recuperar a transmisión familiar da lingua

Posted by trabalingua o 29/05/2007

xeracion-e-logo.jpgRecuperar a transmisión familiar da lingua galega entre pais/nais e os seus fillos e fillas. Con este obxectivo ponse en marcha a partir de hoxe mesmo a Xeración E logo!, unha iniciativa da Secretaría Xeral de Política Lingüística encadrada na súa campaña xeral de promoción da lingua galega.

A secretaria xeral de Política Lingüística, Marisol López, presentou hoxe en Santiago esta actuación, que consiste na entrega, a todas as mulleres en estado de xestación en Galicia, dunha serie de ferramentas dirixidas tanto a elas como aos futuros pais, con información, consellos, un pequeno caderno do embarazo, recitativos para o bebé e un disco con cantos de berce interpretados por músicos galegos. Prevese que os materiais cheguen a máis de 15.000 familias.

O Servizo Galego de Saúde será a canle de distribución destes materiais, a través da súa rede hospitalaria e dos centros de atención primaria de toda a comunidade nos que se realizan os controis prenatais. Tamén están incluídos na campaña, como distribuidores, os centros hospitalarios privados, para as mulleres que teñan neles os seus fillos. A corresponsabilidade da Consellería de Sanidade nesta iniciativa é fundamental para garantir que a mensaxe chegue aos destinatarios, e exemplifica a acción transversal da política lingüística do Goberno galego.

Os materiais desta campaña están dispoñibles para a descarga na páxina http://www.galegoelogo.com/

Fonte: web de Política Lingüística

Advertisements

Sorry, the comment form is closed at this time.

 
%d bloggers like this: