TRABALINGUA

Traballamos na lingua: sitio web de novas e información sobre a lingua galega

  • Este web apoia a iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet Campaña As Linguas Suman
  • Arquivo de novas

  • Letras Galegas 2009 Consultar o kit para a normalizacion Información sobre os Celga na páxina web de Politica Linguistica Consultar o Nomenclátor de Galicia Consultar a cartografá dos apelidos galegos. Proxecto elaborado polo Instituto da Lingua Galega
  • Documental de divulgación sobre a historia de Galicia emitido na TVG Este web apoia a iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

Un estudo alerta do uso escaso do galego nos xornais

Posted by trabalingua o 2/06/2007

uso da lingua nos xornaisO uso do galego nos diarios impresos do país segue a ser “moi baixo” malia as subvencións que reparte a Xunta entre as editoras de xornais todos os anos. Así o denuncia un informe elaborado por alumnos de Xornalismo da Universidade de Santiago e publicado na revista da Mesa Pola Normalización Lingüística.

O estudo conclúe que só o 7,9% do espazo nos xornais está na lingua do país. É máis, a súa presenza nos espazos máis importantes -portada e contraportada- é case nula. Os investigadores, baixo a coordinación da profesora Ana Boullón, acharon que “os xornais con máis difusión, La Voz de Galicia e Faro de Vigo, son dos que menos a empregan (4,8% e un 5,3%, respectivamente)”.

Noutras publicacións analizadas –DXT Campeón (0,8%), El Ideal Gallego (2,9%), El Correo Gallego (4,1%), El Progreso (4,6%), Diario de Pontevedra (4,8%)- a situación non é mellor. La Región (8,1%), Diario de Ferrol (9,9%), La Opinión da Coruña (11,7%), Atlántico Diario (14,1%), Diario de Arousa (24,3%) presentan índices un chisco máis positivos.

A situación do galego non é preocupante só dende un punto de vista cuantitativo. A investigación alerta de que a calidade da lingua nos xornais “non se coida moito: hai castelanismos, erros ortográficos, etc.”. 

É máis, os investigadores denuncian que os medios seguen usando topónimos deturpados, como “La Puebla del Caramiña” e “La Coruña”. De “deficiente e incoherente” cualifican os universitarios a adaptación dos medios á reforma da norma en 2003 pois “os erros son tolerados en galego, pero non en castelán”. 

Fonte: Vieiros

Advertisements

Sorry, the comment form is closed at this time.

 
%d bloggers like this: