TRABALINGUA

Traballamos na lingua: sitio web de novas e información sobre a lingua galega

  • Este web apoia a iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet Campaña As Linguas Suman
  • Arquivo de novas

  • Letras Galegas 2009 Consultar o kit para a normalizacion Información sobre os Celga na páxina web de Politica Linguistica Consultar o Nomenclátor de Galicia Consultar a cartografá dos apelidos galegos. Proxecto elaborado polo Instituto da Lingua Galega
  • Documental de divulgación sobre a historia de Galicia emitido na TVG Este web apoia a iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

Preséntase o novo corrector gramatical “Golfiño”

Posted by trabalingua o 2/07/2007

golfino.jpgA Consellaría de Innovación e Industria presentou este venres o corrector gramatical para o galego Golfiño. Deste xeito o galego convértese na primeira lingua do estado que conta con esta ferramenta. Ademais, só seis linguas no mundo dispoñen dun software destas características.

O corrector gramatical Golfiño completa as aplicacións lingüísticas do paquete ofimático OpenOffice.org e permítelle ao seu procesador de textos detectar erros de sintaxe, estilo e concordancia, entre outras funcionalidades.

O Golfiño é unha versión que ser poñerá a disposición da comunidade científica para a súa continua mellora no espazo de desenvolvemento colaborativo de sofware libre do proxecto Mancomun.org, denominado A Forxa. Axústase á última modificación da normativa da lingua galega do ano 2003 e segue como obra de referencia en cuestións gramaticais Gramática da Lingua Galega, de Rosario Álvarez e Xosé Xove.

O Golfiño corrixe erros gramaticais e de estilo frecuentes nos escritos en galego como os provocados polo cambio de norma, os de rexencia verbal, os de concordancia de xénero e número, os de confusión ortográfica con detección gramatical, as malas construcións de perífrases verbais ou as preposicións non admitidas polo verbo. Ademais, pode detectar nalgúns casos erros de contracción, da posición dos pronomes enclíticos e mais erros de concordancia nominal e verbal.

Advertisements

Sorry, the comment form is closed at this time.

 
%d bloggers like this: