TRABALINGUA

Traballamos na lingua: sitio web de novas e información sobre a lingua galega

  • Este web apoia a iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet Campaña As Linguas Suman
  • Arquivo de novas

  • Letras Galegas 2009 Consultar o kit para a normalizacion Información sobre os Celga na páxina web de Politica Linguistica Consultar o Nomenclátor de Galicia Consultar a cartografá dos apelidos galegos. Proxecto elaborado polo Instituto da Lingua Galega
  • Documental de divulgación sobre a historia de Galicia emitido na TVG Este web apoia a iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

Créase o Consello das Linguas Oficiais na Administración Xeral do Estado e a Oficina para as Linguas Oficiais

Posted by trabalingua o 23/07/2007

ministerio-de-administracions-publicas.jpgO Ministerio de Administracións Públicas publica no BOE do 19 de xullo de 2007 o Real decreto 905/2007, do 6 de xullo, polo que se crean o Consello das Linguas Oficiais na Administración Xeral do Estado e a Oficina para as Linguas Oficiais. 

O Consello das Linguas Oficiais terá encomendadas as seguintes tarefas:

1 Analizar sistematicamente as actuacións levadas a cabo polos diferentes departamentos ministeriais, especialmente polos máis directamente concernidos pola obriga de garantir o dereito de uso das linguas oficiais das comunidades autónomas.

2 Impulsar unha política idónea en relación coas linguas oficiais das comunidades autónomas que garanta axeitadamente o dereito de uso daquelas no ámbito de actuación da Administración Xeral do Estado.

3 Coordinar as actuacións dos departamentos ministeriais en relación co uso, no seu ámbito, das linguas oficiais das comunidades autónomas.

Para facilitar a actuación do Consello e como órgano permanente de apoio e asistencia a este, tamén se creará unha Oficina para as Linguas Oficiais, adscrita á Secretaría de Estado de Cooperación Territorial.

Advertisements

Sorry, the comment form is closed at this time.

 
%d bloggers like this: