Xornada “Xustiza e Lingua, reflexións para a normalización”
Posted by trabalingua o 23/10/2007
O Servizo de Asesoramento Lingüístico do Colexio de Avogados de Santiago, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, organiza a xornada “Xustiza e Lingua, reflexións para a normalización”.
Esta xornada, destinada ao mundo da avogacía e da xustiza en xeral, terá lugar o xoves 8 de novembro de 2007, ás 18:30 h no Salón de actos do Colexio de Avogados de Santiago de Compostela. O aforo máximo é de 80 prazas e entregaráselles un certificado de asistencia a todas as persoas asistentes.
Un dos obxectivos principais desta xornada é reflexionar acerca do proceso de normalización que se está a vivir no ámbito da xustiza, así como ofrecer experiencias positivas e novas perspectivas que favorezan o uso normal da lingua galega no exercicio xurídico.
Ese mesmo día, ás 18:30 h terá lugar a presentación aos medios da campaña “Avogamos polo galego”, para o que se contará coa presenza do decano do Colexio de Avogados de Santiago de Compostela, Evaristo Nogueira Pol, e da secretaria xeral de Política Lingüística, Marisol López.
Sorry, the comment form is closed at this time.