TRABALINGUA

Traballamos na lingua: sitio web de novas e información sobre a lingua galega

  • Este web apoia a iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet Campaña As Linguas Suman
  • Arquivo de novas

  • Letras Galegas 2009 Consultar o kit para a normalizacion Información sobre os Celga na páxina web de Politica Linguistica Consultar o Nomenclátor de Galicia Consultar a cartografá dos apelidos galegos. Proxecto elaborado polo Instituto da Lingua Galega
  • Documental de divulgación sobre a historia de Galicia emitido na TVG Este web apoia a iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

IV Premio a artigos normalizadores Concello de Carballo

Posted by trabalingua o 31/03/2008

1015-34560-a-imaxe_premio_08_200.jpgO Concello de Carballo, desde o seu Servizo de Normalización Lingüística, convoca por cuarto ano consecutivo o Premio a artigos xornalísticos normalizadores, un certame que ten como obxectivos promover a reflexión sobre a situación social da lingua galega, crear espazos nos xornais para analizar e promocionar o uso do idioma galego e promover o uso da nosa lingua na prensa escrita.

O certame recompensa a redacción de artigos xornalísticos inéditos de opinión que traten sobre algún tema concreto relacionado coa defensa e promoción da lingua galega, co seu estatus, con propostas ou análises sobre o proceso de normalización lingüística, coa lexislación e os dereitos lingüísticos, con experiencias sociolingüísticas concretas, con accións de impulso ao uso social do galego, con experiencias útiles ou favorábeis para a dinamización da lingua, coa política lingüística, etc.

Os artigos presentados deberán ter entre 2.500 e 3.500 caracteres con espazos incluídos e o prazo de admisión estará aberto até o 18 de abril.

Outorgaranse dous premios económicos, un primeiro de 1.000 euros e un segundo de 350 euros. Ademais, os dous artigos gañadores serán publicados nos nove medios de comunicación escrita colaboradores, que son: A Nosa Terra, A Peneira, Diario de Bergantiños, Galicia Hoxe, La Opinión de A Coruña, La Voz de Galicia, O Acontecer, Tempos Novos e Vieiros.

Consultar as bases

Fonte: web da CTNL

Advertisement

Sorry, the comment form is closed at this time.

 
A %d blogueros les gusta esto: