O Windows Vista e o Office 2007 tamén en galego
Posted by trabalingua o 10/04/2008
Microsoft ofrece a todos os usuarios que o desexen a posibilidade de empregar o galego como lingua principal na interface dos seus ordenadores. Descárgaas en http://www.microsoft.es/gal
Ademais, xunto con esta nova aplicación en galego, Microsoft presentou a campaña “Faille un clic ao galego“, que busca fomentar o noso idioma e o aumento da produtividade a través das novas tecnoloxías da información e da comunicación. A campaña de difusión inclúe un concurso no que os 6 usuarios que consigan un maior número de descargas desde o día 9 de abril ao 9 de maio por medio doutros usuarios entrarán no sorteo de ordenadores de última xeración das marcas Dell, HP ou Investrónica con Windows Vista en galego e outros premios.
Fonte: web de Política Lingüística
Sorry, the comment form is closed at this time.
Debe estar conectado para enviar un comentario.