TRABALINGUA

Traballamos na lingua: sitio web de novas e información sobre a lingua galega

  • Este web apoia a iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet Campaña As Linguas Suman
  • Arquivo de novas

  • Letras Galegas 2009 Consultar o kit para a normalizacion Información sobre os Celga na páxina web de Politica Linguistica Consultar o Nomenclátor de Galicia Consultar a cartografá dos apelidos galegos. Proxecto elaborado polo Instituto da Lingua Galega
  • Documental de divulgación sobre a historia de Galicia emitido na TVG Este web apoia a iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

Os secretarios/as, interventores/as e tesoureiros/as da administración local deberán acreditar un nivel Celga 4

Posted by trabalingua o 15/05/2008

O Consello da Xunta aprobou o pasado 8 de maio o decreto que regula o coñecemento do galego nos procedementos para a provisión de postos de traballo reservados á escala de funcionarios/as con habilitación estatal no ámbito territorial galego. Isto é, secretarios/as, interventores/as e tesoureiros/as que prestan servizos nas entidades locais galegas.

Deste xeito, nas bases do concurso para a cobertura de postos reservados a funcionarios/as con habilitación estatal, e nas convocatorias para a provisión destes postos polo sistema de libre designación aprobadas polas entidades locais, exixirase como requisito o coñecemento do idioma galego.

Este coñecemento acreditarase co certificado de lingua galega de nivel 4 (Celga 4) ou, de non posuír o/a aspirante este certificado, cunha proba de carácter eliminatorio dun nivel equivalente a ese Celga 4.

Fonte: CTNL

Advertisement

Sorry, the comment form is closed at this time.

 
A %d blogueros les gusta esto: