Versión 3.0 do paquete ofimático OpenOffice en galego
Posted by trabalingua o 24/10/2008
A versión 3.0 do paquete ofimático libre OpenOffice.org xa está dispoñíbel en galego. O software pódese descargar para Windows, MacOS, Linux e Solaris dende todos os servidores de réplica de OpenOffice, entre eles o de Mancomún, que ofrece, ademais, unha listaxe de ligazóns para facer máis doada a instalación.
OpenOffice.org 3.0 traduciuse grazas ao traballo de voluntarios coordinados por Mancomún e xa se completara na última edición de Xuventude Galiza Net. A nova versión inclúe melloras e novas funcións, aínda que tamén pesa máis: arredor de 150 megas.
Fonte: Vieiros
Sorry, the comment form is closed at this time.
Debe estar conectado para enviar un comentario.