O Consello de Europa segue a detectar deficiencias na promoción e protección do galego
Posted by trabalingua o 16/12/2008
O Consello de Europa acaba de facer público un segundo informe sobre o grao de cumprimento da Carta europea das linguas rexionais ou minoritarias por parte do Estado español, que aprobou este documento en 1992 e posteriormente ratificouno en 2001.
No que respecta á promoción e protección da lingua galega, o Comité de Expertos do Consello de Europa céntrase naquelas disposicións nas que detectara deficiencias no primeiro informe. No ámbito educativo, eloxia a creación das Galescolas e apoia o novo Decreto 124/2007, mais sinala deficiencias no seu cumprimento e insta ás autoridades a crear un modelo educativo totalmente en galego para o alumnado que o desexe. Así mesmo sinala o incumprimento xeral dos mínimos asumidos polo Estado español no ámbito da xustiza e detecta deficiencias noutros ámbitos como a Administración, os medios de comunicación, a vida económica e social e os intercambios transfronteirizos.
Se desexa consultar os informes anteriores, tanto do Goberno español como do Consello de Europa, prema aquí.
Sorry, the comment form is closed at this time.