TRABALINGUA

Traballamos na lingua: sitio web de novas e información sobre a lingua galega

  • Este web apoia a iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet Campaña As Linguas Suman
  • Arquivo de novas

  • Letras Galegas 2009 Consultar o kit para a normalizacion Información sobre os Celga na páxina web de Politica Linguistica Consultar o Nomenclátor de Galicia Consultar a cartografá dos apelidos galegos. Proxecto elaborado polo Instituto da Lingua Galega
  • Documental de divulgación sobre a historia de Galicia emitido na TVG Este web apoia a iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

O tradutor Google ofrece a opción do idioma galego

Posted by trabalingua o 4/02/2009

google-translateO servizo de tradución máis empregado na rede, o Google translate, vén de incorporar esta fin de semana o galego á súa listaxe de idiomas. Con todo, trátase dunha versión en probas e, polo momento, os resultados son mellorábeis.

 

O servizo de tradución de Google, a que se accede na páxina www.translate.google.com incorpórase á ampla variedade de tradutores que a día de hoxe temos á nosa disposición.

 

  • Traducíndote: tradutor baseado no opentrad e que permite traballar con documentos en diferentes formatos.
  • Imaxin: outro tradutor baseado no opentrad e que permite a tradución de documentos e páxinas web.
  • ES-GL: o tradutor da Secretaría Xeral de Política Lingüística
  • Traduza-g:ferramenta que só traduce na dirección español-galego, mais ofrece uns resultados de boa calidade.
  • Cervantes: tradución de textos breves e páxinas web do Instituto Cervantes


Na páxina web do Servizo de Normalización Lingüística da USC podes achar máis información sobre os tradutores, ademais dunha completa comparativa entre as súas funcionalidades.

Fonte: CTNL

Advertisement

Sorry, the comment form is closed at this time.

 
A %d blogueros les gusta esto: