TRABALINGUA

Traballamos na lingua: sitio web de novas e información sobre a lingua galega

  • Este web apoia a iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet Campaña As Linguas Suman
  • Arquivo de novas

  • Letras Galegas 2009 Consultar o kit para a normalizacion Información sobre os Celga na páxina web de Politica Linguistica Consultar o Nomenclátor de Galicia Consultar a cartografá dos apelidos galegos. Proxecto elaborado polo Instituto da Lingua Galega
  • Documental de divulgación sobre a historia de Galicia emitido na TVG Este web apoia a iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

Archive for the ‘Cursos e xornadas’ Category

Convocatoria de probas e cursos preparatorios para obter os Celga no ano 2008

Posted by trabalingua o 20/02/2008

celga.jpgA Secretaría Xeral de Política Lingüística anuncia unha nova convocatoria de cursos de lingua galega, con carácter gratuíto, preparatorios para as probas dos niveis Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4. O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución pola que se convocan para este ano un total de 366 cursos.

A convocatoria está dirixida a particulares e tamén a colectivos, entidades ou asociacións que desexen organizar cursos e conten cun mínimo de 25 persoas preinscritas. O profesor no momento de iniciar o curso valorará os coñecementos previos do alumnado e, se fose conveniente, indicaralle o nivel máis aconsellable para os seus coñecementos. Os cursos realizaranse nas localidades da Coruña, Ferrol, Santiago de Compostela, Lugo, Burela, Ourense, O Barco de Valdeorras, Pontevedra, Lalín e Vigo e naquelas que determine Política Lingüística, en función das solicitudes presentadas e da distribución xeográfica destas.

A duración de cada curso será de 75 horas lectivas. Para poder obter a acreditación do nivel de coñecemento e dominio da lingua galega, as persoas interesadas terán que realizar, entre maio e xuño e novembro e decembro, as probas correspondentes, segundo se fixo público no Diario Oficial de Galicia do día 18 de febreiro.

A Secretaría Xeral de Política Lingüística destina unha contía máxima de 1.200. 000 euros para o financiamento destes cursos. O prazo para a presentación de solicitudes estará aberto ata o 20 de marzo.

Convocatoria de probas
As persoas interesadas en participar na convocatoria de probas prevista para os meses de maio e xuño teñen de prazo ata o 25 de marzo para inscribirse. A segunda convocatoria realizarase entre os meses de novembro e decembro. O prazo de inscrición para os que se examinen nesta quenda rematará o 19 de setembro. As solicitudes, datas e lugares de realización das probas figuran na páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Fonte: web de Política Lingüística

Advertisement

Posted in Administración, Cursos e xornadas, Ensino | Comentarios desactivados en Convocatoria de probas e cursos preparatorios para obter os Celga no ano 2008

Curso de comunicación e mercadotecnia para accións de normalización lingüística

Posted by trabalingua o 8/11/2007

A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua organiza un novo curso de formación que ten como principal obxectivo facilitar procedementos, ferramentas e estratexias comunicativas que faciliten a promoción e difusión de actividades de normalización lingüística.

O curso desenvolverase na Facultade de Filoloxía da USC os días 23 e 30 de novembro e 14 de decembro de 2007. O prazo de preinscrición remata o 15 de novembro.

Fonte: CDSG

 

Posted in Cursos e xornadas | Comentarios desactivados en Curso de comunicación e mercadotecnia para accións de normalización lingüística

Xornada “Xustiza e Lingua, reflexións para a normalización”

Posted by trabalingua o 23/10/2007

O Servizo de Asesoramento Lingüístico do Colexio de Avogados de Santiago, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, organiza a xornada “Xustiza e Lingua, reflexións para a normalización”.

Esta xornada, destinada ao mundo da avogacía e da xustiza en xeral, terá lugar o xoves 8 de novembro de 2007, ás 18:30 h no Salón de actos do Colexio de Avogados de Santiago de Compostela. O aforo máximo é de 80 prazas e entregaráselles un certificado de asistencia a todas as persoas asistentes.

Un dos obxectivos principais desta xornada é reflexionar acerca do proceso de normalización que se está a vivir no ámbito da xustiza, así como ofrecer experiencias positivas e novas perspectivas que favorezan o uso normal da lingua galega no exercicio xurídico.

Ese mesmo día, ás 18:30 h terá lugar a presentación aos medios da campaña “Avogamos polo galego”, para o que se contará coa presenza do decano do Colexio de Avogados de Santiago de Compostela, Evaristo Nogueira Pol, e da secretaria xeral de Política Lingüística, Marisol López.

Díptico               Boletín de inscrición                 Cartel

Fonte: web do Colexio de Avogados de Santiago

Posted in Cursos e xornadas | Comentarios desactivados en Xornada “Xustiza e Lingua, reflexións para a normalización”

IV Xornadas Lingua e Usos: Lingua e Comunicación

Posted by trabalingua o 13/10/2007

udc.JPGO Servizo de Normalización Lingüística da Universidade da Coruña, en colaboración coa Real Academia Galega, organiza a cuarta edición das xornadas Lingua e Usos: Lingua e Comunicación. Nesta ocasión os distintos relatores abordarán a situación do galego nos medios de comunicación. 

  • Lugar: Paraninfo da Reitoría
  • Días: 7, 8 e 9 de novembro
  • Matrícula: gratuíta, ata o 2 de novembro
  • Acreditación: diploma (90% de asistencia) 

  •  

    Máis información e matrícula

Posted in Cursos e xornadas | Comentarios desactivados en IV Xornadas Lingua e Usos: Lingua e Comunicación

Simposio ILG 2007: “Perspectivas sobre a oralidade”

Posted by trabalingua o 24/09/2007

O Instituto da Lingua Galega (ILG) e o Consello da Cultura Galega organizan unha nova edición do seu simposio anual. Nesta ocasión e baixo o título “Perspectivas sobre a oralidade” os especialistas neste eido achegarán novos traballos para abordar diversos enfoques sobre a dimensión oral da lingua. O simposio está dirixido a especialistas en distintos campos da lingüística galega e profesionais da lingua, sobre todo os relacionados coa lingua falada. Está especialmente aberto aos alumnos do segundo e terceiro ciclo de Filoloxía (ten concedida a validación por un crédito de libre configuración), así como a investigadores en formación. 

  • Datas: do 17 de outubro ao 9 de novembro
  • Lugar: salón de graos da Facultade de Filoloxía de Santiago de Compostela
  • Inscrición: ata o 15 de outubro 

 Máis información

Posted in Cursos e xornadas | Comentarios desactivados en Simposio ILG 2007: “Perspectivas sobre a oralidade”

Curso: A constitución de equipos de traballo e grupos de participación

Posted by trabalingua o 5/02/2007

A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua  (CTNL) organiza un novo curso de formación para os vindeiros xoves 15 e venres 16 de febreiro en horario de mañá e tarde. Levará por título “A constitución de equipos de traballo e grupos de participación”, terá unha duración de 16 horas e desenvolverase no seminario C da facultade de filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela.

Algúns dos obxectivos deste curso son promover, coordinar e aproveitar a capacidade de grupos de persoas interesadas na lingua para que funcionen como axentes normalizadores entre a cidadanía e conseguir que as persoas que participen no curso adquiran as capacidades básicas para planificar, constituír, xestionar e organizar equipos de traballo dun xeito efectivo para desenvolver proxectos normalizadores en equipo. 

O curso será impartido polas empresas Cidadanía e Algalia e contará coa presentación dalgunhas experiencias baseadas en grupos de traballo e participación: as comisións de normalización lingüística da USC (Isabel Vaquero), a Rede de Entidades Amigas da Lingua (Conchi Cochón), a comisión de normalización lingüística da Federación Española de Centros Relixiosos de Ensinanza (Rubén Rivas), un equipo de normalización lingüística dun centro de ensino (Valentina Formoso).

Fonte: sitio web da CTNL

Posted in Cursos e xornadas | Comentarios desactivados en Curso: A constitución de equipos de traballo e grupos de participación

I Congreso de tradución para a dobraxe

Posted by trabalingua o 2/02/2007

I Congreso de tradución para a dobraxeOs vindeiros días 5, 6, 7 e 8 de febreiro terá lugar na Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo o I Congreso de tradución para a dobraxe en Galiza, País Vasco  e Cataluña.

Os obxectivos xerais destas xornadas son ofrecer unha perspectiva histórica da dobraxe en Galicia, País Vasco e Cataluña e dar a coñecer os servizos de produción allea das tres canles autonómicas (TVG, ETB e TV3); impartir unha formación complementaria e especializada sobre unha modalidade de tradución que está moi presente no mercado profesional, dando a coñecer a todos os asistentes o mercado da tradución audiovisual no tocante a empresas (estudos de dobraxe), axencias de tradución e interpretación e axentes mediadores (técnicos en recursos lingüísticos) relacionados con este ámbito profesional; e mostrar as experiencias profesionais da tradución para a dobraxe nestas tres comunidades: estratexias de tradución de produtos dobrados para a televisión (filmes, debuxos animados, documentais…).

Este congreso conta con diversos relatores do sector audiovisual que desenvolven a súa actividade profesional nas tres comunidades autónomas. Por parte de Galicia participarán María Alonso, Xerardo Couto, Luís Iglesia, Ana Lemos, Rosa Moledo, Ramón Novo e Alfonso Valiño; por parte do País Vasco, Asier Larrinaga e Beatriz Zabalondo; e por parte de Cataluña, Josep María Carbó e Lluís Comes i Arderiu.

Posted in Cursos e xornadas, Tradución | Comentarios desactivados en I Congreso de tradución para a dobraxe

I seminario de dinamización lingüística no ensino

Posted by trabalingua o 7/11/2006

I seminario de dinamización lingüótica no ensino.jpgAs cidades da Coruña, Santiago, Ferrol, Ourense e Lugo acollen mañá a primeira das xornadas do I Seminario de Dinamización Lingüística no Ensino, organizado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística. Esta actividade pretende ser un punto de partida para reorientar o labor dos equipos de normalización lingüística dos centros de ensino e o papel do profesorado en xeral na tarefa da dinamización lingüística no ámbito educativo.

Este seminario é a primeira actividade da nova estratexia do Goberno galego coa que se pretende dotar aos profesionais do ensino das ferramentas necesarias para poder desenvolver unha tarefa normalizadora nos propios centros educativos e no seu contorno. De feito, a carencia de actividades deste tipo fixo que as previsións de matrícula se visen superadas e as 350 prazas iniciais foron amplamente superadas polo volume de inscricións rexistrado.

O seminario desenvolverase simultaneamente nas cinco cidades citadas, mentres que en Vigo e en Pontevedra as xornadas comezarán o vindeiro 22 de novembro. En todos os casos realizaranse en sesións de tarde, compatibles co horario laboral do profesorado, e nas sete cidades o programa é común e está orientado fundamentalmente ao debate e á aplicación, na práctica, das estratexias dinamizadoras.

Fonte: web da Xunta de Galicia

Posted in Cursos e xornadas | Comentarios desactivados en I seminario de dinamización lingüística no ensino

Simposio “A lexicografía galega do século XXI”

Posted by trabalingua o 31/10/2006

O Instituto da Lingua Galega da USC (ILG), o Consello da Cultura Galega e a Real Academia Galega organizan o simposio ‘A Lexicografía galega do século XXI’, que se vai celebrar na Facultade de Filoloxía ao longo do vindeiro mes de novembro. O encontro foi presentado en roda de prensa esta mañá polo decano da Facultade de Filoloxía, Ernesto González; os coordinadores do simposio, Xavier Varela e Antón Santamarina, e a directora do ILG, Rosario Álvarez.

O contido das conferencias pronunciadas, todas elas contribucións orixinais elaboradas por encargo expreso da organización, xirarán arredor de seis eixes temáticos como son cuestións de metodoloxía, historiografía da lexicografía, a contribución das novas tecnoloxías ao avance da disciplina, os proxectos e recursos lexicográficos centrados especificamente na lingua galega e noutras linguas e o labor lexicográfico das academias.

No desenvolvemento do programa científico do simposio participan especialistas e investigadores procedentes das tres universidades galegas e doutras institucións universitarias españolas e europeas, así como de centros de investigación como o Ramón Piñeiro, o Instituto CNR de Italia, a Real Academia Galega, a Academia das Ciencias de Portugal, a Real Academia Española, ou o Instituto de Estudos Cataláns.

Fonte: páxina web da USC

Posted in Cursos e xornadas | Comentarios desactivados en Simposio “A lexicografía galega do século XXI”

A fraseoloxía a debate no Congreso Internacional de Fraseoloxía e Paremioloxía

Posted by trabalingua o 24/09/2006

Os máis relevantes investigadores internacionais sobre fraseoloxía déronse cita esta semana en Santiago e Lugo, no Congreso Internacional de Fraseoloxía e Paremioloxía organizado pola Universidade de Santiago.Nas xornadas de traballo celebráronse numerosos debates, relatorios e mesas redondas sobre fraseoloxía galega, pero tamén doutras linguas hispánicas, francés, inglés, alemán, ruso, chinés, árabe e outros. A recolleita de información, a investigación, a elaboración de dicionarios e a tradución foron as catro vertentes sobre as que se centraron os encontros, moi proveitosos para os fraseólogos galegos. O congreso serviu tamén de escaparate para dar a coñecer moitas das investigacións sobre fraseoloxía galega, que espertan cada vez maior interese por parte dos expertos.

Este encontro de investigadores fraseolóxicos foi tamén o marco utilizado para presentar unha nova entrega dos Cadernos de Fraseoloxía Galega, que xa van polo seu oitavo número, e que foron moi ben acollidos polos asistentes ao congreso. Os Cadernos de Fraseoloxía Galega ofrecen á luz pública as recolleitas de material fraseolóxico galego, pero nas súas páxinas teñen cabida tamén os traballos de expertos en fraseoloxía de diferentes países, publicados sempre en lingua galega.

Fonte: páxina web da Xunta de Galicia

Posted in Cursos e xornadas | Comentarios desactivados en A fraseoloxía a debate no Congreso Internacional de Fraseoloxía e Paremioloxía

V Simposio Internacional Mercator sobre Linguas Minorizadas

Posted by trabalingua o 5/09/2006

O Centro Mercator-Legislació organiza a quinta edición do Simposio Internacional Mercator, que nesta ocasión se centrará no tema dos dereitos lingüísticos como factor de inclusión social.As sesións desenvolveranse entre os días 19 e 21 de outubro de 2006 no Institut d´Estudis Castalans (Barcelona) e a inscrición é de balde.

Se desexa coñecer o programa provisional, prema aquí.

Fonte: Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia 

Posted in Cursos e xornadas | Comentarios desactivados en V Simposio Internacional Mercator sobre Linguas Minorizadas

X Encontros para a Normalización Lingüística

Posted by trabalingua o 23/08/2006

X Encontros para a NL.jpgAnúnciase a décima edición dos Encontros para a Normalización Lingüística, que se celebrarán os días 26 e 27 de outubro de 2006 no Auditorio de Galicia.

A partir de setembro porase á disposición dos/as interesados/as no web do Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia (CDSG) o programa definitivo e o formulario de inscrición en liña, así como toda a información sobre os trámites da matrícula. 

Fonte: Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia

Posted in Cursos e xornadas, Novidades | Comentarios desactivados en X Encontros para a Normalización Lingüística

Curso de ferramentas informáticas aplicadas ao traballo terminolóxico

Posted by trabalingua o 19/08/2006

A Sociedade Galega de Terminoloxía organiza esta actividade formativa destinada especialmente aos profesionais e estudosos que traballan no ámbito da terminoloxía en Galicia. No curso facilitaranse os coñecementos adecuados para documentar termos en fontes terminográficas, así como terminoloxía en contexto e información conceptual. Tamén se traballará na relación do terminólogo/a co especialista e coa documentación especializada.

As sesións terán lugar os vindeiros días 29 e 30 de setembro e 6 e 7 de outubro de 2006.

Se desexa máis información, prema aquí 

Fonte: Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia

Posted in Cursos e xornadas | Comentarios desactivados en Curso de ferramentas informáticas aplicadas ao traballo terminolóxico

II Curso de verán “Traballando en Lingua”

Posted by trabalingua o 18/08/2006

O Servizo de Normalización Lingüística da Universidade da Coruña, en colaboración coa Cooperativa Tagen Ata, Lingua e Comunicación, organiza a segunda edición do curso de verán Traballando en Lingua, que terá lugar na Facultade Ciencias da Educación desta universidade entre os días 19 e 22 de setembro de 2006.

Entre os obxectivos do curso están os de reflexionar sobre os factores que interveñen na dinamización lingüística, así como analizar e avaliar experiencias e metodoloxías desenvolvidas neste ámbito.

Se desexa obter máis información sobre o programa ou os trámites da inscrición, prema aquí.

Fonte: Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia

Posted in Cursos e xornadas | Comentarios desactivados en II Curso de verán “Traballando en Lingua”