TRABALINGUA

Traballamos na lingua: sitio web de novas e información sobre a lingua galega

  • Este web apoia a iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet Campaña As Linguas Suman
  • Arquivo de novas

  • Letras Galegas 2009 Consultar o kit para a normalizacion Información sobre os Celga na páxina web de Politica Linguistica Consultar o Nomenclátor de Galicia Consultar a cartografá dos apelidos galegos. Proxecto elaborado polo Instituto da Lingua Galega
  • Documental de divulgación sobre a historia de Galicia emitido na TVG Este web apoia a iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

Archive for the ‘Toponimia’ Category

A Dirección Xeral de Tráfico corrixirá a toponimia galega

Posted by trabalingua o 3/08/2007

informacion-de-estradas-na-dxt.jpgA Dirección Xeral de Tráfico anuncia que vai revisar toda a toponimia incorrecta da súa páxina web e así incluír a nomenclatura oficial en galego.

Piedrafita, Viana del Bollo, Orense ou Sangenjo. Iso foi o que se encontraron o pasado xaneiro os galegos que consultaban as incidencias do tráfico na páxina web da DXT. E iso foi o que denunciou, indignado, o deputado en Madrid polo BNG Francisco Rodríguez. Sete meses máis tarde, a Dirección Xeral de Tráfico decidiu acatar por fin a lei e traballar nunha nova páxina web «que incluirá a nomenclatura en galego». Nomenclatura que, por certo, é a única forma oficial desde que o Parlamento galego a aprobase en 1983 e o Congreso dos Deputados en 1998.

Ante semellantes traducións, que recordaban os tempos de El Niño de la Guía por Niñodaguia, Francisco Rodríguez presentou unha pregunta parlamentaria ante a Mesa do Congreso, esixindo unha resposta por escrito. Pero a resposta foi que non había resposta. As fontes consultadas unicamente podían argumentar que na sede de Tráfico en Madrid só había persoal de garda polas posibles incidencias nas estradas.

O Instituto Xeográfico Nacional tamén utiliza formas incorrectas da nosa toponimia, como El Irijo. Francisco Jorquera, senador nacionalista cualifica este caso como «esperpéntico, porque ata custa traballo identificar o topónimo real. Se lle pedísemos aos ourensáns que localizasen ”El Irijo” no mapa, coido que moitos non saberían do que lles falan». Ao Irixo (a forma oficial) acompáñano Ginzo de Limia, Rianjo, Arteijo, Mellid ou Puerto del Son.

Ata Google Earth utilizaba topónimos non oficiais como El Ferrol del Caudillo, Santa Eugenia ou Puebla del Caramiñal. Estes erros si os observan millóns de persoas, que poderían consideralos como correctos, algo «perigoso».

Fonte: La Voz de Galicia

Advertisements

Posted in Toponimia | Comentarios desactivados en A Dirección Xeral de Tráfico corrixirá a toponimia galega

Un tramo aberto da A8 non respecta a toponimia galega

Posted by trabalingua o 24/05/2007

praia-de-augas-santas.jpgO grupo parlamentario do BNG pediulle á Xunta que interveña no que considera unha “falta de respecto” da toponimia do país por parte do Ministerio de Fomento. O deputado Manuel Parga denunciou que na sinalización do tramo galego da A8 aberto hai uns días aparecen formas castelanizadas.

Parga lembra que a Cámara aprobou por unanimidade o compromiso de garantir o uso dos topónimos oficiais e de galeguizar as indicacións da rede viaria do país. Segundo o parlamentario, o uso das formas castelás non se debe a un simple erro, senón a “unha actitude inaceptábel por parte do Ministerio”.

Por iso, o BNG interésase por coñecer a opinión do Goberno sobre o comportamento de Fomento e se coñece a situación concreta dese tramo da Autovía do Cantábrico, entre Ribadeo e Reinante. Ademais, pregunta polas actuacións que vai levar a cabo a Xunta para que se restabeleza a legalidade lingüística nas sinalizacións do Ministerio.

Fonte: Vieiros

Posted in Toponimia | Comentarios desactivados en Un tramo aberto da A8 non respecta a toponimia galega

O Tribunal Supremo ratifica noutra sentenza o topónimo “A Coruña” como única forma oficial

Posted by trabalingua o 10/10/2006

Catorce anos despois do incio da batalla, o Tribunal Supremo notificoulle ao concello herculino unha nova sentenza -a enésima- ratificando o topónimo “A Coruña” como “unica forma oficial” para denominar a cidade.
O actual alcalde da urbe, Javier Losada, herda así o litixio que empezara o seu antecesor, Francisco Vázquez, por conservar o “L” no topónimo. O seu principal fustigador neste asunto, a Mesa pola Normalización Lingüística que preside Carlos Callón, informou onte nun comunicado desta sentenza.

Lembra o colectivo de defensa da lingua que este ditado xudicial está motivado por un recurso do Goberno municipal coruñés no que “no só solicitaba que non fose recoñecida a forma A Coruña como a oficial a todos os efectos, senón que pretendía que se tirase abaixo a Lei de normalización lingüística a través dunha cuestión de inconstitucionalidade”. Para Callón, agora, “hai dúas voces que a cidadanía debe escoitar despois desta nova sentenza xudicial: a de Javier Losada, e a do presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño”.

Considera así mesmo que o rexedor herculino ten ante si “a oportunidade de ouro para demostrar se vai manterse como unha fotocopia de Vázquez ou se van cumprir as leis”. A Touriño, pola súa banda, acusouno de manter unha “actitude indolente, cando non cómplice” durante o mandato de Vázquez, polo que agora, dixo, “debe lembrar que é presidente da Xunta e que, como tal, ten obrigas, e non pode ser defensor de delincuentes, malia que sexan do seu mesmo partido político”. Ademais, a Mesa pola Normalización Lingüístia instou o concello coruñés para ofrecer datos “veraces” sobre os gastos “reais” que lle está a ocasionar ás arcas municipais esta “loita obsesiva contra o galego e as leis”.

Ao longo destes anos, todas as sentenzas xudiciais defenderon a forma “A Coruña” como única oficial válida, motivo polo cal Carlos Callón entende que Javier Losada ten agora dúas opcións: “ou acatar as sentenzas xudiciais ou continuar a mal- gastar diñeiro público en recorrer o que xa sabe que ten perdido, nunha irracional batalla contra a lingua galega”.

Fonte: Galicia Hoxe

Posted in Toponimia | Comentarios desactivados en O Tribunal Supremo ratifica noutra sentenza o topónimo “A Coruña” como única forma oficial