TRABALINGUA

Traballamos na lingua: sitio web de novas e información sobre a lingua galega

  • Este web apoia a iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet Campaña As Linguas Suman
  • Arquivo de novas

  • Letras Galegas 2009 Consultar o kit para a normalizacion Información sobre os Celga na páxina web de Politica Linguistica Consultar o Nomenclátor de Galicia Consultar a cartografá dos apelidos galegos. Proxecto elaborado polo Instituto da Lingua Galega
  • Documental de divulgación sobre a historia de Galicia emitido na TVG Este web apoia a iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

Posts Tagged ‘Add new tag’

Lingua de Amor 2008

Posted by trabalingua o 7/04/2008

O Consello da Xuventude de Galicia, a través do seu Servizo de Normalización Lingüística, presenta a segunda edición de Lingua de Amor, un concurso de declaracións de amor a través do correo electrónico.

Un dos principais obxectivos de Lingua de Amor é dinamizar o uso da lingua galega por parte dos mozos e mozas nos novos espazos de comunicación: correos electrónicos, chats, foros… O galego é unha lingua útil para os momentos de lecer e diversión. O galego ábreche as portas á hora de coñecer xente, de facer amigos e… por que non? Tamén para formar parellas!

Establécense dúas categorías de participantes: Categoría A: de 14 a 19 anos; Categoría B: de 20 a 30 anos

Para poder participar as persoas interesadas deberán rexistrarse na páxina web www.linguadeamor.eu para poder enviar as súas declaracións. A extensión máxima da mensaxe será de 350 caracteres, incluídos os espazos en branco. As mensaxes que excedan esta extensión quedarán fóra do concurso. Así mesmo, establecerase un máximo de dúas mensaxes por concursante.

A data límite para o envío das declaracións é o 14 de maio de 2008.

Establécense tres premios por cada unha das categorías: Categoría A: 1º Consola Nintendo wii + un lote de libros en galego; DVD portátil + un lote de libros en galego; MP3 + un lote de libros en galego. Categoría B: 1º Viaxe a París para dúas persoas + un lote de libros en galego; 2º Ordenador portátil + un lote de libros en galego; 3º TV LCD 19” + un lote de libros en galego

Ademais, os 200 primeiros/as participantes recibirán un agasallo por cortesía da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Consultar as bases do concurso

Fonte: web linguadeamor.eu

Advertisement

Posted in Normalización | Etiquetado: | Comentarios desactivados en Lingua de Amor 2008